Os medios de persuasión de masas difunden sen descanso a verdade
incontestável. As sociedades europeas non se poden permitir o mantemento
de onerosos sistemas de protección social. No entanto, existe unha narración alternativa. Os sistemas de
protección social, como o recoñecemento dos dereitos das mulleres, ou
como a acumulación do coñecemento científico, son conquistas da
civilización humana, irrenunciábeis, que deben ser estendidas a toda
humanidade. A capacidade produtiva das sociedades humanas é
incomparabelmente superior á de ningunha outra época. Porén, é
capitalismo financeirizado o que ameaza a viabilidade dos sistemas de
pensións públicos. É o capitalismo financeirizado o que aumenta de xeito
exponencial a inestabilidade dos sistema económico someténdoo a
recorrentes crises financeiras. Estabelecer o benestar común é posíbel,
mais incompatíbel coa financeirización. E, tendencialmente, tamén
incompatível co capitalismo.
Baixe o arquivo no formato PDF aqui.
Nenhum comentário:
Postar um comentário