Postagem em destaque

Estamos Em Uma "Casa" Nova

Convidamos todos os nossos visitantes a conhecerem a nova Biblioteca Virtual Livr'Andante ( www.livrandante.com.br ).

Mostrando postagens com marcador Livros Em Galego. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Livros Em Galego. Mostrar todas as postagens

quarta-feira, 29 de junho de 2016

Flavio García (Org.) - Ler Ferrín, Ler Galiza: Estudos Literários














Para realizarmos unha pequena historia da narrativa galega que sirva de marco á obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, debemos comezar lembrando que, despois de tres séculos de colonización española, a lingua que creara as delicadas cantigas de amigo ficara, no noroeste peninsular, reducida a unha linguaxe doméstica e ágrafa, sobre a que, sen  acceso  aos  textos  medievais,  os escritores  do  século XIX tiveron que recrear  unha lingua literaria que demostrase a existencia dunha nación diferenciada e, por tanto, con dereito a ser tratada como tal no conxunto do Estado español. Esta función identitaria da literatura galega conforma unha das súas características fundamentais e, até fins do século XX, camiñou unida aos movementos ideolóxicos e políticos que tiñan como obxectivo a defensa dos intereses galegos: Provincialismo (1840-1885), Rexionalismo (1886-1915) e Nacionalismo (a partir de 1916). Só irá perdendo este carácter despois de desaparecida a Ditadura do Xeneral Franco, coa aprobación do Estatuto de Autonomía e o recoñecemento do galego como lingua cooficial (1982).

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

sexta-feira, 13 de maio de 2016

Xosé García Rodríguez - Baixo A Lona Preta: Xornal De Viaxe Dun Brigadista Na Bahia Do MST














Pensaba que a utopía non era posíbel. Que só era iso, o que dicía Galeano, algo que está no horizonte mais que se afasta sempre que o tentamos apreixar. Como unha cenoria atada a un pau. E penseino até que coñecín no Brasil as xentes do MST. Xentes que non perseguen utopías, senón que as constrúen día a día con traballo e lucidez; que non perseguen cenorias atadas a paus, senón que as sementan e cultivan. Centos de millares, poida que un millón ou dous. Nin eles mesmos o saben. En calquera dos casos, son moitos homes e mulleres a traballar nun proxecto común baseado en palabras para nós demasiado abstractas como socialismo, igualdade, agroecoloxía ou soberanía alimentar. Pastores e pastoras de horizontes utópicos, okupas da terra prometida. Con este libro tentei deitar un pouco de luz sobre un movemento que fai agora trinta anos de andaina e que está alicerzando, atrévome a dicir, unha das maiores revolucións da historia.

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

Marcos Abalde - Canibalismo














Em Abril de 2008, apareceu nos média o escándalo do monstro de Amstetten. Apresentárom este cidadao austríaco como um repugnante degenerado, umha excepçom da história, nunca como a quinta-essência da nossa civilizaçom. Porém, Ocidente relaciona-se de umha maneira mui semelhante com essas três quartas partes da humanidade empobrecidas, violadas, torturadas e ignoradas umha e outra vez. Três quartas partes da humanidade que nom só moram debaixo da nossa casa, senom que a sustentam. E nós comportamo-nos como a mulher do monstro que prefere nom saber, que escolhe nom saber, fazer-se desentendida, olhar para outro lado, estar tranquila e de vez em quando recolher umha criança à porta da casa ou algum negro agonizante na praia. Assim até que passem vinte e quatro anos e sejam abertos os campos de concentraçom ou as entranhas da Europa e botemos as maos à cabeça perante tanto sofrimento que pudo ser evitado, que pudemos evitar.

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

Susana Sánchez Arins - Aquiltadas














O meu nome é Susana Sánchez Arins. Nascim no ano 74, pouco depois do 25 dos cravos, num país que não chegou à liberdade pola revolução, cousa que andamos a pagar as herdeiras desta pseudo-democracia. levada por uma quase doentia propensão leitora, figem estudos de filologia. ponho escola no ensino secundário. sou mulher, de aldeia e galega, e essas três identidades marcam a minha personalidade com força. ainda em riba saim poeta… actividade autenticamente subversiva num mundo anestesiado através do retorcimento da palavra e do discurso. tenho dous poemários publicados, [De]Construçom, com o que ganhei o Premio nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, e A Noiva E O Navio.

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

sábado, 7 de maio de 2016

Carlos Diegues - A Revolução Pendente: Feminismo E Democracia














Porque o que está em jogo é, nem mais nem menos, a justiça e a igualdade nas nossas sociedades ou, dito de outro modo, a atenção e a diágnose das lutas contra as injustiças e desigualdades que acontecem hoje em dia e, de ser o caso, os seus possíveis remédios. Tal é o interesse do livro que Carlos Diegues nos apresenta. Um texto que partindo do protagonismo dos conflitos sociais provocados pelas demandas de reconhecimento da diferença vai tomar como referência analítica e crítica a teoría ética e política feminista.

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

Xabier Pérez Dávila - A Batalla Polas Pensións (1981-2013): De Como A Clase Capitalista Quere Privatizar Os Bens Comúns E De Como As Clases Traballadoras Se Opoñen














Os medios de persuasión de masas difunden sen descanso a verdade incontestável. As sociedades europeas non se poden permitir o mantemento de onerosos sistemas de protección social. No entanto, existe unha narración alternativa. Os sistemas de protección social, como o recoñecemento dos dereitos das mulleres, ou como a acumulación do coñecemento científico, son conquistas da civilización humana, irrenunciábeis, que deben ser estendidas a toda humanidade. A capacidade produtiva das sociedades humanas é incomparabelmente superior á de ningunha outra época. Porén, é capitalismo financeirizado o que ameaza a viabilidade dos sistemas de pensións públicos. É o capitalismo financeirizado o que aumenta de xeito exponencial a inestabilidade dos sistema económico someténdoo a recorrentes crises financeiras. Estabelecer o benestar común é posíbel, mais incompatíbel coa financeirización. E, tendencialmente, tamén incompatível co capitalismo.

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

Rebeca Baceiredo - E Meterei A Miña Lei No Seu Peito














E meterei a miña Lei no seu peito é un libro híbrido e orixinal, a medio camiño entre o pensamento e a ficción, no que a partir do fluír de dúas cancións de Tom Waits e Nick Cave se propoñen dous itinerarios de lectura a modo de caras A e B do disco da vida.

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

Dylan Horrocks - Comics Desde Hicksville














Dylan Horrocks nasceu em 1966 e vive em Auckland, Nova Zelanda, com a sua companheira e as suas duas crianças. É o autor do romance gráfico Hicksville e das séries Pickle e Atlas. As suas bandas desenhadas aparecêrom em livros e revistas de todo o mundo. Também escreveu para DC Comics e Vertigo em títulos como Hunter: The Age Of Magic e Batgirl.

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

Sören Hauser - Entre Posmodernidade E Utopía: Unha Introdución Ao Pensamento De Fredric Jameson














Parece plausíbel que na posmodernidade, que xorde e se alimenta dunha sociedade despolitizada onde a cultura tomou o leme da maioría das facetas das nosas vidas, todas as posicións aparentemente culturais resultan ser formas simbólicas de moralización política. Por iso devén fundamental percorrer historicamente algunhas manifestacións culturais que poden evidenciar tras de si un inconsciente político que nos axude a realizar a finalidade básica de conseguir historiar o noso presente. Jameson valerase da utopía, do pensamento utópico en xeral e da ciencia-ficción contemporánea en particular, para evidenciar o inconsciente político que se esconde detrás de certos actos simbólicos. A utopía evocará a concepción da alteridade, representando así o outro do capitalismo.

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.