Pensaba que a utopía non era posíbel. Que só era iso, o que dicía
Galeano, algo que está no horizonte mais que se afasta sempre que o
tentamos apreixar. Como unha cenoria atada a un pau. E penseino até que
coñecín no Brasil as xentes do MST. Xentes que non perseguen utopías,
senón que as constrúen día a día con traballo e lucidez; que non
perseguen cenorias atadas a paus, senón que as sementan e
cultivan. Centos de millares, poida que un millón ou dous. Nin
eles mesmos o saben. En calquera dos casos, son moitos homes e mulleres a
traballar nun proxecto común baseado en palabras para nós demasiado
abstractas como socialismo, igualdade, agroecoloxía ou soberanía
alimentar. Pastores e pastoras de horizontes utópicos, okupas da terra
prometida. Con este libro tentei deitar un pouco de luz sobre un
movemento que fai agora trinta anos de andaina e que está alicerzando,
atrévome a dicir, unha das maiores revolucións da historia.
Baixe o arquivo no formato PDF aqui.
Nenhum comentário:
Postar um comentário