Postagem em destaque

Estamos Em Uma "Casa" Nova

Convidamos todos os nossos visitantes a conhecerem a nova Biblioteca Virtual Livr'Andante ( www.livrandante.com.br ).

quarta-feira, 29 de junho de 2016

Flavio García (Org.) - Ler Ferrín, Ler Galiza: Estudos Literários














Para realizarmos unha pequena historia da narrativa galega que sirva de marco á obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, debemos comezar lembrando que, despois de tres séculos de colonización española, a lingua que creara as delicadas cantigas de amigo ficara, no noroeste peninsular, reducida a unha linguaxe doméstica e ágrafa, sobre a que, sen  acceso  aos  textos  medievais,  os escritores  do  século XIX tiveron que recrear  unha lingua literaria que demostrase a existencia dunha nación diferenciada e, por tanto, con dereito a ser tratada como tal no conxunto do Estado español. Esta función identitaria da literatura galega conforma unha das súas características fundamentais e, até fins do século XX, camiñou unida aos movementos ideolóxicos e políticos que tiñan como obxectivo a defensa dos intereses galegos: Provincialismo (1840-1885), Rexionalismo (1886-1915) e Nacionalismo (a partir de 1916). Só irá perdendo este carácter despois de desaparecida a Ditadura do Xeneral Franco, coa aprobación do Estatuto de Autonomía e o recoñecemento do galego como lingua cooficial (1982).

Baixe o arquivo no formato PDF aqui.

Nenhum comentário:

Postar um comentário